Uña de Lacón Gallego rechea

Voltar

Ingredientes:

  • Uñas de Lacón Gallego
  • Cebola
  • Cenoria
  • Champiñóns
  • Patacas de Galicia
  • Grelos de Galicia
  • Salsa de tomate
  • Aceite de oliva
  • Tomate natural
  • Pemento vermello

Elaboración:

  • Cocer as uñas en auga abundante hasta que estean tenras.
  • Deixar arrefriar para poder desosar e intentar que manteñan a forma orixinal. Ao desosar quítaselles a carne que despois picaremos en paisana*. Reservar.
  • Refogar a cebola, a cenoria e o pemento vermello cortado todo en dados, engadir o tomate pelado e sen pebidas aos  5 minutos. Mesturar este refogado coa carne das uñas reservada.
  • Reencher as uñas coa mestura feita anteriormente e quentar no forno.
  • A guarnición será de puré de pataca, mais puré mesturado cos grelos cocidos ou triturados, enriba champiñóns á prancha e salsa de tomate.

*Paisana: Corte en dados non moi pequenos.

Ministerio FEADER Xunta de Galicia
CR Lacón Gallego