Para a súa comercialización, os lacóns presentarán as seguintes características:
Físicas
-
Base anatómica: osos do úmero, cúbito, radio, carpo, metacarpo e falanxes (polo tanto, sen escápula), así como as masas musculares inseridas nos mesmos e a graxa de cobertura.
-
Forma exterior: redondeada, perfilado nos seus bordes ata a aparición do músculo. O lacón estará enteiro, conservando a pel e a pezoña, pero sen os cascos.
-
Oscilará entre un mínimo de 3 kg e un máximo de 5,5 kg.
Organolépticas
- Coloración: do rosa ao vermello púrpura.
- Aspecto ao corte: limpo, brillante, con graxa parcialmente infiltrada na masa muscular.
- Aspecto externo: limpo e firme.
- Textura: firme ao tacto.
- Graxa: de untuosidade variable, cor abrancazado, aromática e con sabor agradable.
- Aroma: suave e agradable, exento de rancidez e de olores raros.
- Sabor: delicado e pouco salgado.
Ao marxe do arriba indicado, o “Lacón Gallego” con Indicación Xeográfica, en calquera das súas modalidades, sairá ao mercado cos seguintes elementos identificadores:
Un precinto plástico, non reutilizable, que levará impresa unha numeración correlativa de 7 díxitos, o nome deste Consello Regulador e o seu logotipo.
Unha contraetiqueta cunha numeración correlativa de 6 díxitos, coa denominación e logotipo do Consello, que será colocada nas industrias unha vez estea rematado o proceso de curación do produto e este fora cualificado como apto para a súa comercialización.
Una Etiqueta Comercial autorizada polo Consello Regulador.