Ingredientes:
- Lacón Gallego
- Azucre
- Pataca de Galicia (cortada da mesma medida que o lacón e frita en aceite de oliva a unha temperatura de 130ºC, xa que debe quedar feita pero sen color)
- Aceite de oliva
- Sal
- Ceboliño
Elaboración:
- Cocer o lacón unha vez desalgado, córtase un pouco groso de forma rectangular.
- Nunha tixola, ao lume, fundir un pouco de azucre e darlle cor tostado, colocar nela o corte de lacón e darlle color por tódolos lados.
- Colocar o lacón sobre a pataca frita e salgada. Engadir á tixola un pouco de caldo de cocer o lacón e reducir a salsa para que quede cremosa, como a da foto, ou salsear lixeiramente con el o prato.
- Decorar co ceboliño.