Confeitado de Lacón Gallego

Voltar

Ingredientes:

  • Lacón Gallego
  • Azucre
  • Pataca de Galicia (cortada da mesma medida que o lacón e frita en aceite de oliva a unha temperatura de 130ºC, xa que debe quedar feita pero sen color)
  • Aceite de oliva
  • Sal
  • Ceboliño

Elaboración:

  • Cocer o lacón unha vez desalgado, córtase un pouco groso de forma rectangular.
  • Nunha tixola, ao lume, fundir un pouco de azucre e darlle cor tostado, colocar nela o corte de lacón e darlle color por tódolos lados.
  • Colocar o lacón sobre a pataca frita e salgada. Engadir á tixola un pouco de caldo de cocer o lacón e reducir a salsa para que quede cremosa, como a da foto, ou salsear lixeiramente con el o prato.
  • Decorar co ceboliño.
Ministerio FEADER Xunta de Galicia
CR Lacón Gallego