Ingredientes:
- Lacón Gallego desalgado en dados grandes
- Pera en láminas longas
- Kiwi en rodas
- Fresa en láminas grosas
- Azucre para caramelizar
- Aceite de oliva
- Vinagre de Módena
- Pementa negra semi-moída
Elaboración:
- Cocer os dados de Lacón Gallego ao vapor durante 1 minuto. Reservar.
- Poñer o azucre nunha tixola cunhas gotas de auga, facer un caramelo.
- Pinchar o lacón cun garfo e pasalo polo caramelo quente, impregnándoo ben.
- Colocar a froita no fondo do prato, alternando as cores e sobre ela distribuír o lacón caramelizado.
- Adobar con vinagre, aceite e un toque de pementa negra.