Organigrama

1.- O Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida “Lacón Gallego” estará constituído por:

a) Un presidente

b) Un vicepresidente

c) Dous vogais, en representación do sector produtor, titulares de explotacións gandeiras inscritas no rexistro de granxas de produción de leitóns e no rexistro de granxas de cebo de porcos do Consello.

d) Catro vogais en representación do sector industrial, titulares de industrias inscritas nos rexistros de matadoiros e salas de despece e no de industrias cárnicas de elaboración. De estes vogais, un representará ás industrias inscritas no rexistro de matadoiros e salas de despece, e tres de eles a industrias inscritas no rexistro de industrias cárnicas de elaboración do Consello Regulador.

e) A Consellería competente en materia de agricultura e gandaría poderá designar ata dous delegados, que asistirán ás reunións do Pleno con voz pero sen voto.

2.- As persoas elixidas para os cargos de Presidente e Vicepresidente polo Pleno, co voto favorable da maioría dos vogais electos, serán nomeados polo titular da Consellería competente en materia de agricultura e gandaría.

3.- O réxime de funcionamento e as funcións do Pleno así como os dereitos e deberes dos seus membros serán os contidos no Capítulo IV do Decreto 4/2007, del 18 de enerodo 18 de xaneiro.

Ministerio FEADER Xunta de Galicia
CR Lacón Gallego